Torre Caldaloba, situada no concello de Cospeito, formou parte da fortaleza onde a filla do mariscal Pardo de Cela, dona Constanza de Castro e seu esposo Fernán Arias de Saavedra resistiron tres anos o asedio de López de Haro, enviado polos reis Católicos para dobregar a resistencia dos nobres galegos. Ultimo reduto despois de ter sido decapitado Pardo de Cela en Mondoñedo. A rendición o cabo de tres anos de loita foi debida ao mal estado das aguas do pozo do castelo. Esta fortaleza foi completamente destruída, permanecendo en pé a torre de homenaxe, fermoso exemplar da arquitectura da época. Este reduto estaba defendido por catro foxos de notábel profundidade, que aínda hoxe poden apreciarse. En 1998 os profesores Santiago Huerta Fernández i Gema López Manzanares, da Universidade Politécnica de Madrid, apuntalaron partes da torre mediante vigas de madeira que actualmente se encontran en mal estado. Será posibel restaurar e salvar esta xoia do noso património histórico?
Torre Caldaloba