Torres do Oeste, Catoira

Debaixo do viaduto, que atravesa o río Ulla, atópanse as ruinas da antiga fortaleza: “Castellum Honesti”. Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Gelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela.

Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e serviron para defenderse dos ataques ingleses. Posteriormente caeron no abandono ata quedar no estado actual no que se atopan.

Estas torres foron declaradas Monumento Nacional e exhiben a súa grandeza cando se celebra a Romaxe Viquinga que recorda a pillaxe dos guerreiros normandos sobre as vilas costeiras da ría de Arousa.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies