“Trajineras en Xochimilco cd México

 

As orixes de Xochimilco remóntanse ao período preclásico mesoamericano, cando as súas costas e illas albergaban pobos diversos. A comezos do posclásico, Xochimilco era un importante pobo que foi sometido polos mexicas no século XV. Desde entón ata a década de 1960, o territorio de Xochimilco converteuse nun dos provedores de alimentos da capital mexicana.

Iste pobo constrúe unhas embarcacións ás que chaman “Trajineras”, que utilizan para o transporte de mercadorías e de persoas. Hoxe o uso máis importante é o paseo de turistas, tanto de fóra coma os do propio país.

Trajinera é unha embarcación de fondo plano, propulsada por un longo remo ou vara que descansa no fondo dos canais de Xochimilco, esta bara tamén se utiliza para o manexo da barca. Sorprende a destreza das persoas que conducen esta barcas nun espazo ateigado de trajineras.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies