Unha tarde en Monforte

Monforte de Lemos, cunha orixe que se remonta á época castrexa, viviu o seu maior esplendor durante os séculos xvi e xvii como capital do Condado de Lemos, un dos máis importantes e influentes do Estado. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia, ao bifurcarse alí a liña procedente da Meseta cara a Vigo e A Coruña. O ferrocarril contribuíu ao seu desenvolvemento e crecemento como cidade, especialmente no barrio da Estación.

Entre os seus monumentos destaca o mosteiro de San Vicente do Piñeiro, situado no monte que dá nome á cidade e flanqueado polos restos do antigo castelo, do que se conservan a torre da homenaxe e murallas. Tamén destacan a ponte vella sobre o río Cabe, coñecido habitualmente como “ponte romana” aínda sendo de orixe medieval, e o Colexio da nosa Señora da Antiga, que conta cun importante patrimonio artístico e cultural.
(extraido da wikipedia)

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies