Rebule a primavera no xardín, na horta, na camposa, no arboredo. Van uns retratos dalgúns dos nosos montaraces viciños, son a xente miúda, esa que vive ao seu, no seu diminuto mundo paralelo. Un microcosmo que só percebemos cando paramos a contemplalo e, daquela, abráianos coa súa variedade e beleza.
22 Abril, 2021