XERMOLOS DA PAZ E LIBERDADE:
Inaugurado en 2010 a instancias da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
Escultor: Xosé Val Díaz.
Situado no Paseo Marítimo á altura da avenida de Navarra.
O monumento consta de 5 grandes lousas de granito que simulan a forma dunha estrela de cinco puntas, nelas están inscritos os nomes dos 600 asasinados durante a Guerra Civil e os anos da represión franquista na Coruña e os concellos de Cambre, Arteixo, Culleredo, Carral, Oleiros, Sada, Betanzos, Bergondo e Abegondo.
XERMOLOS DA PAZ E LIBERDADE
Cerca de Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 25D, 15002 A Coruña
Coordenadas: 43,3814309, -8,3996648