Zanfona Galega, é un instrumento pertencente á familia dos cordófonos frotados, xa que posúe cordas que soan polo roce dunha roda de madeira recuberta de resina. Esta última xira pola acción dunha manivela (ou manillar). O son da zanfona modúlase a través dun teclado que dá unha escala cromática de dúas oitavas de lonxitude.
A zanfona galega consta de tres cordas principais, chamadas cantantes, que son as que producen a melodía e dúas cordas máis, que funcionan como acompañantes ou bordóns. Cando se tocan ao mesmo tempo, o instrumento produce dous sons simultáneos, un grave e fixo no intervalo de oitava e o outro agudo no intervalo de quinta.