Categoría: Manuel Bouzón
Con Luisa Villalta.
A exposición “con Luisa Villalta” naceu hai uns poucos meses coa idea de acompañar a actividade de ACAB entorno a obra e persoa de L. V.
Decateime ao pouco de comezar que a tarefa era demasiado grande; de xeito que o que hoxe vemos aquí non e mais que o comezo.
Algunhas das fotos son un estudo ou un bocexo na folla de ruta, para que no vindeiro 2024, con motivo de que por fin sexa o ano das letras galegas para L. V., presentar unha exposición que recolla a súa obra poética e dramática completa.
O único criterio ou norma que me impuxen foi o de non interpretar ou explicar os textos, mais ben buscar esas imaxes que o acompañen sen distorxionalos; e na medida do posíbel, non interferir na interpretación que o lector faga do texto.
Exposición ACAB abril 2021