Os fidéis chámanlle Semana Santa. Pero poderían ser os últimos estertores do Carnaval, esa festa pagá que serve para despedir o inverno e dar a benvida á primavera.
Era boa. En realidade ben sabemos que o inverno non remata até o 40 de maio, por iso non está de máis deixar algunha celebración para máis adiante, e se hai que prolongar os desfiles 40 días máis, pois faise e punto.
O ritmo da batucada é diferente, pero ese BUM, BURRUMBUM, BUM, dos desfiles da Semana Santa lembran moito aos dos folións de entroido de Vilariño de Conso e de Viana do Bolo.
A diferenza principal, con todo, está no porco. O carnaval celébrase comendo porco a esgalla case todos os días, e aquí resérvase para o final de festa.
Outro día falarei dos desfiles de Drag Queens, que non sei ben por qué me viñeron á memoria, será casualidade que nunha cadea de televisión estreábase estes días (precisamente estes días) a segunda tempada dunha cousa á que lle chaman Drag Race. O cerebro fai conexións sorprendentes.
Categoría: Xurxo Guitián
Galerías de Xurxo Guitán
Amares
Velutina. A plaga de cada ano.
A algúns parécelles o título dunha película de terror e a outros o nome dunha tía de Harry Potter.
Pero o certo é que desde hai uns cantos anos, o despertar da primavera trae de volta os niños xigantescos destas depredadoras voraces que esquilman as colmeas autóctonas. Xa non hai quen as pare, cando se podía facer algo por cortarlles o paso, as autoridades do pais miraron, unha vez máis, para outro lado.
Os esforzos que en recursos e cartos dedican (agora si) a combatelas, seguramente terían sido máis efectivos cando non estaba tan extendida por toda a xeografía galega. Feijóo fixera hai tempo unha premonición que era moi fácil para el: “vamos ter que acostumbrarnos a vivir con ela”. Desde logo, xa se encargarían el e a súa política agraria de que se cumprise a súa profecía.
[FGAL id=4318]
Arpa de herba
«Escoitas? É a arpa de herba que sempre nos conta algo novo… Sábeo todo da xente do outeiro, dos que viviron antes aquí. E cando nós esteamos mortos, tamén contará a nosa historia.»
.- Truman Capote. A arpa de herba
[FGAL id=4239]
Árvores sem Natal
Foran as vikingas as primeiras en adornar unha árbore polo solsticio para saudar a chegada de Frei, o rei do Sol. Pero non todas as árbores aspiran ao Valhalla. Despois de todo, é vida coas raices metidas na terra. Non precisan de olimpos fóra deste mundo, son simplemente árbores no Natal pero sen Natal. E sen farolillos.
[FGAL id=4036]