Exposición de Ruth Matilda Anderson no Museo de Pontevedra II.

Na exposición de Ruth Matilda Anderson, no Museo de Pontevedra, preséntanse vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar, no campo ou na vida cotiá, leiteiras da comarca de Compostela reunidas na Rúa Nova ao amencer, as redeiras nos portos, os zoqueiros nas feira, as mulleres lavando ou transportando mercadorías na cabeza, entre outras situacións da vida rural galega de inicios do século XX.
Anderson captou a través da súa cámara as vestimentas daquel entón, a elegancia das mulleres en Muros, a roupa de faena, a representación do loito na vestimenta feminina ou os traxes de gala entre outros. A ourivería tradicional tamén espertou o interese da neoiorquina xunto cos pequenos detalles da roupa, os complementos ou os utensilios de traballo que formaban parte da estética diaria nas vilas e aldeas.

 

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies