TROULA

Xá se sabe que, contra vento e maré, o vrao trae esmorga, troula, festa a moreas. Espreguízanse as parroquias e os parroquiáns, invístese na festa do patrón o que non se inviste en arranxar pistas e alumeado da parroquia en todo o ano pero, que carallo!…

Velaí vai unha escolma de festa e romaxe nun curruncho da “montaña”, onde a festa chega como chega a calquera outro lugar do país. E non había ser!

Escolma de tempos diversos porque, se algo non muda, son as gañas de carallada, de troula, de esmorga, de festexar, de rír e gozar.

 

 

Mar e vento nas veas.

Os Patexeiros son unha esforzada e activa asociación que recupera e mantén embarcacións tradicionais e todo canto ten a ver coa cultura tradicional mariñeira .

Co gallo da celebración da Feira Modernista de Sada, a A.C.M. Patexeiros botóu ao mar boa parte da súa flota e realizou unha exhibición fronte a praia das Delicias. Foi ben gorentoso gozar das evolucións destas antigas e belas embarcacións, mostra da rica variedade de tipoloxías das embarcacións tradicionais galegas, froito das diferentes funcións (artes de pesca ou o transporte), das características da costa e o mar (no agocho das rías ou no mar aberto) e mais da influencia recibida ao longo do tempo doutras culturas, nesta encrucillada de mares que é Galiza.

Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira Os Patexeiros.

Contacto: ospatexeiros@gmail.com.   www.patexeiros.org

 

 

Vivir na Coruña 4

Vellas imaxes roubadas a vista de gaivota, na Avenida de Oza, daquela -anos 90- Gral. Sanjurjo, nos Catro Camiños, a uns vinte minutos a pé “da cidá”.

Entre sesións de traballo, asomar á xanela, por respirar e espallar a ollada alén do papel ou da pantalla e, se cadrar, tirar unhas fotos ao persoal que buliga aló embaixo, nese pulo irrefreabel que temos os olláparos de vocación ou nacemento, non sei ben.

Persoaxes reais que suxiren situacións ou “estorias” maxinadas.

Persoaxes-vítimas inocentes do olláparo irredento.

 

Pesca de baixura

A pesca de baixura ou artesanal é unha modalidade que se desenvolve  perto da costa e con pequenas embarcacións.  O seu obxectivo é fornecer peixe fresco diario aos mercados locais.

En Sada é unha actividade secular, xestionada de forma directa pola Confraría de Pescadores de Sada. A flota local especialízase maioritariamente na pesca de cerco e artes menores, extraendo diariamente produtos frescos e sostibles das rías e do caladeiro cantábrico.

Na flota pesqueira de Sada foron perdendo importancia os grandes arrastreiros, a favor das pequenas embarcacións artesanais, especialmente polas limitacións derivadas das Cuotas e as paradas biolóxicas, que reducen amplamente os períodos de pesca.

As saídas ao mar son dun só día, polo que as embarcacións non se alonxan grandes distancias da líña de costa. Utilízanse barcos de baixo tonelaxe equipados con técnicas e artes de pesca tradicionais ou selectivas.

A flota de baixura sadense destaca pola captura de peixe azul como a sardiña, que se pesca polo xeral mediante a arte do xeito. Entre as capturas cotiáns destacan o polbo e crustáceos tradicionais da zona, como a centola e, entre os peixes, a pescada, a faneca, o xurel e a robaliza.

Ao ser artesanal e de pequena escala, ten un impacto moito menor no ecosistema mariño. As capturas adoitan vendérense diretamente nas lonxas locais mediante subhastas, para garantir a máxima frescura.

Grazas a Rosa e mais Andrés “Pelouro” pola colaboración!

 

Viaxe á Alpujarra

¡Ay! Alpujarra, Alpujarra.
Qué grandes son las estrellas mas grandes
Los corazones olé y viva Gerald Brenan.
Cierro los ojos y te siento aunque de ti yo
Esté lejos. ¡Ay! Alpujarra, Alpujarra,
¡ay! Alpujarra… Yo te voy a cantar de
Lo jondo de mí y con palabras del pueblo.
Tú te fuiste Sultán de la Cencia llustrá.
Un trovero alpujarreño. Y te voy a
cantar regorviura, prenda, algarabitos y
balate, menda, capuana, jamucuco, olé
y de trabuco: ¡Viva tu madre!

Do Pasodoble Torero a Gerald Brenan, de Carlos Cano

https://www.letras.com/carlos-cano/1883466/

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies