ALTRI NON!!

Xornada memorabel en Compostela ( 15/12/2024), con 100.000 manifestantes (segundo La Coz, así que aínda habiamos seren mais) acudindo á convocatoria de Ulloa Viva.

Ate tres veces enchéuse a praza do Obradoiro para dar acollida ao río contra da ALTRI, Greenalia e a Xunta do PP. O “goberno” cipaio de Rueda, vendido aos intereses das transnacionais, por vez de defender os intereses do país, manobra con descaro para encher o peto propio e mais dos que traen a ruína, a contaminación e a perpetuación dun modelo colonial insostíbel e caduco.

Mas o país está en pé, con forza e teimosía, porque esta loita témola que gañar!!

 

Crebas: Série Luvas

Á minha chegada á Coruña, no ano 1981, o porto pesqueiro, daquela acessível, converteu-se no lugar favorito da cidade para fotografar: Os barcos da, daquela, importante flota pesqueira de altura, as embarcaciones de baixura da Dársena, os aparelhos e as xentes, a actividade na lonxa e mais na rindanga e, especialmente, a grave contaminación das augas do porto, que padecía dun absoluto abandono, mudaron no meu tema favorito. Aí escomecei a série “Luvas”, que se prolongou moito no tempo, e abranguéu ás crebas achadas nas praias ao longo do país.

Luvas mudaron nun símbolo da pegada do Home na natureza, (qué melhor que un trasunto da man humana). Vai logo unha mostra dela, reflexo do desleixo con que os “sapiens” tratamos a unha das nosas máis importantes fontes de recursos.

Lixo

A conto do coronavirus que nos revirou a vida, ouvense cada vez mais voces que reclaman o replantexamento do noso sistema de vida e da nosa relación coa natureza. Moitos especialistas insisten na relación entre a sobreexplotación de recursos (coa consecuente destrucción da biodiversidade) e o deterioro da saúde, tanto do planeta  no seu conxunto coma da humanidade, como parte integrante do sistema. A zoonosis sería unha desas consecuencias, ao eliminar indiscriminadamente especies que poideran servir de freo a virus residentes, noutras especias nas que depredan, servindo de cortalumes sanitario. O equilibrio que a Natureza xestiona, fica destruído con imprevisíbeis consecuencias.

O que é evidente é que non coidamos da casa común da humanidade: esquilmamos recursos, contaminamos auga, ar e terra; desforestamos coma se o bosque ou a selva foran recursos doadamente substituibles; extinguimos especies sen reparo; espallamos sen control os animais domésticos e comerciamos cos animais silvestres, coma se todo bicho vivinte fora suceptíbel de se mudar en mascota; vivimos, en suma, coma se foramos alleos á natureza, cegos nas nosa burbulla urbanita, ignorando a realidade e actuando coma os irresponsábeis que xá describíu o Richard S. Scorer no seu memorábel libro The Clever Moron, nun lonxano 1977 (“El Idiota Espabilado”,  Ed Blume 1980)

Vai acó unha modesta testemuña das falcatruadas que facemos, agochando o lixo que xeramos baixo da alcatifa do salón.

[FGAL id=3502]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies