A velas vír

Semella que todo se pasou, que vivimos xá na  “nova normalidade”, sexa iso o que sexa, mas aínda non ten pasado unha semana dende a macrofesta da Semana Santa, a das procesión de veículos cara as zonas de turisteo, e… virá a “sétima vaga”? Hase ver!

Sendo optimistas (a pesares do índice ese, que multiplica cando menos x4, o máximo que OMS aconsella) pensaremos que as imaxes que acó deito, son auga pasada.

Agardémolo, non sexamos aves de mal agoiro!

 

Lixo

A conto do coronavirus que nos revirou a vida, ouvense cada vez mais voces que reclaman o replantexamento do noso sistema de vida e da nosa relación coa natureza. Moitos especialistas insisten na relación entre a sobreexplotación de recursos (coa consecuente destrucción da biodiversidade) e o deterioro da saúde, tanto do planeta  no seu conxunto coma da humanidade, como parte integrante do sistema. A zoonosis sería unha desas consecuencias, ao eliminar indiscriminadamente especies que poideran servir de freo a virus residentes, noutras especias nas que depredan, servindo de cortalumes sanitario. O equilibrio que a Natureza xestiona, fica destruído con imprevisíbeis consecuencias.

O que é evidente é que non coidamos da casa común da humanidade: esquilmamos recursos, contaminamos auga, ar e terra; desforestamos coma se o bosque ou a selva foran recursos doadamente substituibles; extinguimos especies sen reparo; espallamos sen control os animais domésticos e comerciamos cos animais silvestres, coma se todo bicho vivinte fora suceptíbel de se mudar en mascota; vivimos, en suma, coma se foramos alleos á natureza, cegos nas nosa burbulla urbanita, ignorando a realidade e actuando coma os irresponsábeis que xá describíu o Richard S. Scorer no seu memorábel libro The Clever Moron, nun lonxano 1977 (“El Idiota Espabilado”,  Ed Blume 1980)

Vai acó unha modesta testemuña das falcatruadas que facemos, agochando o lixo que xeramos baixo da alcatifa do salón.

[FGAL id=3502]

Tempo Morto

O miúdo Davide noquea o xigante Goliat. O invisíbel virus para o Mundo. Quen nolo había decir, con tanta ciencia e tecnoloxía coa que enfrontamos á natureza! Mas non estamos fora dela, por moito que teimamos en domeñala e destruíla…

Van estas imaxes (tiradas en diferentes situacións, anteriores ao tempo que vivimos) de modesta homenaxe a todas as loitadoras de primeira liña, que xenerosamente enfrontan o mal e nos defenden, mesmo a costa da súa vida.

Polas sanitarias, pola Sanidade Pública!!

[FGAL id=3461]

Estado de alarma

 

Estado de alarma, días estraños, unha paréntese nas nosas vidas. Son unha privilexiada, coa miña familia, na miña casa e con todo algo non me deixa sentirme así: angustia, tensión, medo tal vez? Insomnio, ansiedade…todo en negro. Veremos pronto a luz?

 

 

 

[FGAL id=3437]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies