Tempo de Antroido

Pasáronse xá Domingo fareleiro e mais Domingo oleiro, camiñamos logo cara o Domingo de compadres: despreguiza a primavera, abrochan os cáncaros. Cáse que arrecende a Androlla, Botelo, Lacón, Cachucha, Caldo, Orellas e Filloas… Os Boteiros De Viana do Bolo brincan coa mouca e arremeten contra do visitante alleo. Velaí vai unha mostra do xentío que o Antroido convoca en tan arredías e fermosas paraxes.

Vilariño de Conso. Antroido tradicional.

Vilariño de Conso celebra o Entroido ao xeito tradicional, como cáseque só se conserva nas terras ourensáns. O Boteiro é a persoaxe central, quen goberna o Fulión da parroquia, un grupo onde os participantes marcan o ritmo con bombos, gadañas e outros aparellos de labranza. Na fuliada satirízanse os temas de actualidad: política, relixión ou crítica social do acontecido ao longo do ano na parroquia, no Concello, no país ou no mundo. A fardamenta, as máscaras e as movementos da mascarada varían segundo a localidade de procedencia, mas todas destacan polo seu cromatismo e espectaculariedade.

O domingo Gordo realízase un gran desfile de fulións na vila capitalina e, no cantar, a Festa do Cabrito.

Entroido de Laza 3

Día moi axitado en Laza. Xa dende a mañanciña cedo podeste atopar cun trapo embarruxado de esterco en calquera parte do corpo, e non te enterarás de quen cho botou. E pola tarde se celebra una auténtica batalla campal lanzándose fariña e formigas.

[FGAL id=2639]

Entroido en Laza 2

Eiquí vos mostro un dos capítulos de varios que iréi entregando, dende as salidas dos venres con os “fachons”, facendo cintura cos “chocos”, tirando do carro e petando nas portas dos vecinos para demandar os chupitos de licor café, ata o fin de festa no enterro da sardiña. E non faltaran, a “farrapada”, o día da “fariña”, o das “formigas enrravexadas”, o día da “misa e a bica”, e outras imaxes recollidas gracias a os xenerosos vecinos que me abriron todas as portas.

Este capítulo vai dedicado a orgullo con que visten o seu traxe de gala, e as carreiras provocadas para escoitar si o “peliqueiro” domina o son rítmico carecterístico dos seis “chocos”, tres femías e tres machos (son agudo e grave).

Si lles ofreces leite, ou un silla, votate a correr si non queres levar un fustigazo.

[FGAL id=2367]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies