Pesca de baixura

A pesca de baixura ou artesanal é unha modalidade que se desenvolve  perto da costa e con pequenas embarcacións.  O seu obxectivo é fornecer peixe fresco diario aos mercados locais.

En Sada é unha actividade secular, xestionada de forma directa pola Confraría de Pescadores de Sada. A flota local especialízase maioritariamente na pesca de cerco e artes menores, extraendo diariamente produtos frescos e sostibles das rías e do caladeiro cantábrico.

Na flota pesqueira de Sada foron perdendo importancia os grandes arrastreiros, a favor das pequenas embarcacións artesanais, especialmente polas limitacións derivadas das Cuotas e as paradas biolóxicas, que reducen amplamente os períodos de pesca.

As saídas ao mar son dun só día, polo que as embarcacións non se alonxan grandes distancias da líña de costa. Utilízanse barcos de baixo tonelaxe equipados con técnicas e artes de pesca tradicionais ou selectivas.

A flota de baixura sadense destaca pola captura de peixe azul como a sardiña, que se pesca polo xeral mediante a arte do xeito. Entre as capturas cotiáns destacan o polbo e crustáceos tradicionais da zona, como a centola e, entre os peixes, a pescada, a faneca, o xurel e a robaliza.

Ao ser artesanal e de pequena escala, ten un impacto moito menor no ecosistema mariño. As capturas adoitan vendérense diretamente nas lonxas locais mediante subhastas, para garantir a máxima frescura.

Grazas a Rosa e mais Andrés “Pelouro” pola colaboración!

 

Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside

O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside fundóuse no 1970, como parte do proxecto do Laboratorio de Formas, produto á súa vez do reencontro de Isaac Díaz Pardo con Luis Seoane na Arxentina. O Museo amplióuse no 1971, mas é no 1986 cando se traslada á sua sede definitiva, no Complexo das Cerámicas do Castro, en Sada.

Se queredes aprofundar en detalles:

https://www.isaacdiazpardo.gal/gl/laboratorio-de-formas/museo-carlos-maside

https://museos.xunta.gal/gl/museos/museo-galego-arte-contemporanea-carlos-maside

As seguintes imaxes son parte das que fun tomando entre 1982, ano do início da construcción do novo edifício, asinado por Albalat (e “intervido” por Díaz Pardo), ate 1986, ano da sua inauguración, dende o edifício lindeiro do L.I.C.S.A. (Laboratorio de Industria e Comunicación, S.A.) onde eu tiña o estudo de Deseño.

Foron ideadas para enlazar, a modo de secuencia temporal, nun diaporama (os orixinais son diapositivas) que ficóu no cartafol dos proxectos adiados in aeternis…

Sobre a lamentable situación actual do Museo prefiro non entrar. Podedes encontrar novas abondo nas redes.

 

 

 

MORAZÓN

A praia urbana sadense mais agochada, ao pé do cantil e na extrema do bairro de Fontán, pouco mais de cen metros de areal de augas mainas, gardado polos restos da antiga batería da punta de Fontán. Ao seu pé, a furna de Cova d´Anca coas suas lendas a ecoar. Fora de tempada de baños presta o paseo demorado, que permite disfrutar da tranquilidade e descubrir os detalles da súa paisaxe.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies