Viaxes no Tempo: 1989, Estrasburgo

De novo un chimpo no tempo, a desempoeirar no arquivo da memoria, a mexer nas acordanças xá lonxanas. Desta volta en Estrasburgo (Strossburig en alsaciano, Strasbourg en francés), na Alsacia, capital da Rexión administrativa do Baixo Rin (o centralista Estado francés suprimíu toda referencia ás entidades históricas, renomeándoas e variando as división administrativas, co gallo de favorecer a idea do Estado-Nación ou “Nación única”. No breve reinado de Pepe Botella tiñan o mesmo proxecto para implementar na Península Ibérica).

 

Viaxes no Tempo: Luzern, 1989.

Un clic, e a imaxe torna historia: pasa a formar parte do noso particular arquivo da memoria, daquel “baúl de los recuerdos” que cantabamos cando eramos moi novos.

A instantánea dunha viaxe permíte retrotraérmonos a épocas pretéritas e a espazos que xá non son coma foron. Mesmo muda nunha Viaxe no Tempo. 

Hoxe a machina do tempo aponta á recuada data do 1989, nas coordenadas de Luzern, na Suiza. Cada imaxe evócanos lembranzas e sensacións, persoais e intransferíbeis, que non serán captadas por un observador alleo, desprendéndose así, a imaxe, de todo valor que non sexa o puro documento histórico e social. Só canda nós e para nós (e quizáis para quen partillóu vivencias), a imaxe garda todo o seu valor sentimental… mentres sexamos quen de lembrar.

 

Viaxes no Tempo: Buda Pest

Un clic, e a imaxe torna historia. A instantánea dunha viaxe, realizada hai tempo, é un arquivo da memoria, un retrotraérmonos a épocas pretéritas e espazos que xá non son coma foron. Mesmo muda nunha Viaxe no Tempo.

Hoxe a machina do tempo aponta á recuada data do 1989, nas coordenadas de Budapest, daquela capital da Československá republika (República Checoslovaca). País hoxe inexistente pois, non sen moita reviravolta, (mas con fondo senso democrático, que xá quixeramos na “pel de touro”), escindíuse en dous: a República Checa e a República Eslovaca.

Lembranzas, logo, dun tempo e dum país que son historia. Lembranza de vellos.

 

Budapest
Budapest, 1989

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies