Un clic, e a imaxe torna historia: pasa a formar parte do noso particular arquivo da memoria, daquel “baúl de los recuerdos” que cantabamos cando eramos moi novos.
A instantánea dunha viaxe permíte retrotraérmonos a épocas pretéritas e a espazos que xá non son coma foron. Mesmo muda nunha Viaxe no Tempo.
Hoxe a machina do tempo aponta á recuada data do 1989, nas coordenadas de Luzern, na Suiza. Cada imaxe evócanos lembranzas e sensacións, persoais e intransferíbeis, que non serán captadas por un observador alleo, desprendéndose así, a imaxe, de todo valor que non sexa o puro documento histórico e social. Só canda nós e para nós (e quizáis para quen partillóu vivencias), a imaxe garda todo o seu valor sentimental… mentres sexamos quen de lembrar.