Mar e vento nas veas.

Os Patexeiros son unha esforzada e activa asociación que recupera e mantén embarcacións tradicionais e todo canto ten a ver coa cultura tradicional mariñeira .

Co gallo da celebración da Feira Modernista de Sada, a A.C.M. Patexeiros botóu ao mar boa parte da súa flota e realizou unha exhibición fronte a praia das Delicias. Foi ben gorentoso gozar das evolucións destas antigas e belas embarcacións, mostra da rica variedade de tipoloxías das embarcacións tradicionais galegas, froito das diferentes funcións (artes de pesca ou o transporte), das características da costa e o mar (no agocho das rías ou no mar aberto) e mais da influencia recibida ao longo do tempo doutras culturas, nesta encrucillada de mares que é Galiza.

Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira Os Patexeiros.

Contacto: ospatexeiros@gmail.com.   www.patexeiros.org

 

 

Insectos comestibles de México 

Insectos comestibles de México 

No Mercado de San Juan da Cidade de México poden atoparse bichos comestibles como parte da súa ampla oferta de comida prehispánica e exótica.

A oferta de bichos inclúe tanto insectos tradicionais como opcións máis inusuais. Atópanse tanto para levar a casa como para consumir en locais do mercado que preparan pratos como tostadas.

Insectos Tradicionais Mexicanos:

  • Chapulines: saltóns, normalmente adobados con limón e chile.
  • Escamoles: larvas de formiga, coñecidas como “caviar mexicano”.
  • Chinicuiles ou gusanos de maguey: larvas que viven na planta do agave.
  • Jumiles: chiches vivos ou adobados.
  • Ahuautle: ovas de mosquito acuático, chamadas “avia de México”.
  • Acociles: pequenos camaróns de río.

Outras Opcións Inusuais:

  • Ancas de ra
  • Caracois
  • Cucaracha de Madagascar
  • Tarántulas e escorpións

Vivir na Coruña 4

Vellas imaxes roubadas a vista de gaivota, na Avenida de Oza, daquela -anos 90- Gral. Sanjurjo, nos Catro Camiños, a uns vinte minutos a pé “da cidá”.

Entre sesións de traballo, asomar á xanela, por respirar e espallar a ollada alén do papel ou da pantalla e, se cadrar, tirar unhas fotos ao persoal que buliga aló embaixo, nese pulo irrefreabel que temos os olláparos de vocación ou nacemento, non sei ben.

Persoaxes reais que suxiren situacións ou “estorias” maxinadas.

Persoaxes-vítimas inocentes do olláparo irredento.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies