Acórdanse do 15 M? Na Coruña tivo moita actividade; organizáronse diversas manifestacións, houbo unha acampada e no Obelisco, fronte ás oficinas principais dos bancos, pronunciábanse discursos polas tardes. Se vostede participou en algo disto posiblemente véxase an algunha destas fotografías. P.D. Grazas a Daniel Ayuso pola foto do autor en acción.
Xa é primavera e saen flores sen máscara; xa se que é moderadamente charramangueiro, pero quen se resiste a sacar a cámara? Estas fotos están tomadas en Corcoesto, Cabana de Bergantiños.
Viana do Castelo solpor e noite. Estas fotografías foron tomadas entre o solpor e a noite dos días 20 ao 22 de agosto de 2020. Esperemos volver pronto a Viana.
Estas imaxes son do tipo fractal ¨flame¨, obtidas co programa Apophysis fractal. Pasen e vexan.
Termina o verán e o mar enfádase; o persoal coruñés asiste a este espectáculo ano tras ano desde Riazor á Torre de Hércules.