Pontevedra a Boa Vila

Wikipedia:
Pontevedra é unha cidade e municipio, capital da provincia homónima.​ Sitúase no noroeste da península ibérica, na comunidade autónoma de Galicia. Está situada na marxe esquerda do río Lérez, no seu estuario na ría de Pontevedra, en pleno centro das Rías Baixas. É coñecida como «Capital das Rías Baixas», «Cidade do Lérez»14​ e «Boa Vila» (A Bonne Ville ou A Boa Ciudad), nome dado polo cronista francés Jean Froissart nas súas crónicas do século XIV pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico​ e foi bautizada polos medios de comunicación franceses como a «Cidade na que o peón é o rei»​ No século XVI era grazas ao seu porto a maior cidade de Galicia.

“Tres Hombres” en Ares.

Tres Hombres é leva o nome de tres amigos que iniciaron enerxicamente un novo movemento de transporte marítimo limpo en 2007. Conecta o roteiro do bergantín sen motor Tres Hombres de América do Sur, Central e do Norte e Europa. Transporta mercadorías sostibles, orgánicas e de produción tradicional e converteuse nun brillante exemplo de transporte alternativo e de todo o movemento de transporte de mercadorías. Hoxe é embaixador mundial do transporte de mercadorías a vela e transporta ata 40 toneladas dos produtos producidos e comercializados de forma xusta.
Bos exemplos disto son o ron Tres Hombres, o cacao, o café e o aceite de oliva!

O barco estivo fondeado varios días en decembro de 2024 en Ares, onde se tomaron estas fotografías; posteriormente seguiu a súa singradura rumbo á illa da Palma, Canarias.

Para máis información ver a web da compañía Fairtransport, propietaria do “Tres Hombres”: https://fairtransport.eu/en/our-fleet/tres-hombres-2/

Pazo de Oca

Wikipedia:

O pazo de Oca atópase nas Terras do Ulla, preto da conxunción dos ríos Boo e Mao. Trátase dunha leira estruturada en tres zonas: na primeira, situada intramuros, atópase a casa señorial, o xardín e o horto; no terreo adxacente sitúase a Igrexa de San Antonio de Padua, así como varias casas de xornaleiros; máis aló áchase a contorna agroforestal de Trágaa da Cerrada, a Caballeira de Ouriles e os prados do seu Batan e dos Bardoucos. A igrexa foi construída entre 1731 e 1752, posible obra do arquitecto dominico frei Manuel dos Mártires.

A orixe do pazo sitúase no século XIII, aínda que os edificios actuais son do XVIII, en estilo barroco, iniciativa do entón propietario Fernando Gayoso Arias Ozores, VII Conde de Amarante e señor de Oca. No século XIX ampliouse o xardín, obra de François Viet, xardineiro do Campo do Mouro madrileño. Os xardíns do pazo son un dos mellores expoñentes da xardinería en Galicia: no patio principal atópase unha fonte con xardíns con céspede e flores rodeados de sebes de buxo, e con plantacións de camelias, azaleas, palmeiras e rododendros; na paisaxe circundante áchanse carballos, castiñeiros, nogueiras e bidueiros. Na zona abunda a auga, grazas a dous arroios que flúen en senllos ramais: o primeiro desemboca nunha pradería no límite do pazo, e o segundo forma dous grandes estanques (chamados das Virtudes e das Vaidades), en ángulo co palacio e delimitados por muros de cantería coroados por almeas e bólas de granito. Entre os dous estanques hai unha ponte, e no centro dun deles sitúase un dos elementos máis famosos do pazo, unha illa artificial de pedra en forma de barca, plantada con hortensias e decorada con vasos de porcelana e dúas figuras de mariñeiros con canóns

Patacascopia, Coristanco

Wikipedia:
A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1981, ó mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na gastronomía de Galicia, encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.

A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.

Salif Keita na Coruña

Salif Keïta
Descendente directo do fundador do imperio maliano, Sundiata Keita, Salif Keita foi con todo condenado ao ostracismo pola súa comunidade local e expulsado pola súa familia debido a que naceu con albinismo, signo de mala sorte na cultura mandinga. Trasladado a Bamako na súa adolescencia, uniuse a unha banda patrocinada polo goberno, a Super Rail Band de Bamako. A principios da década de 1970 pasou a formar parte de Lles Ambassadeurs, cos que fuxiu de Malí durante un período de disturbios e labrouse unha sólida reputación como irresistible artista en directo nas súas xiras por diversos lugares de África. Na década de 1980, Keita trasladouse a París e fusionou a música rítmica das súas raíces de África Occidental con influencias europeas, utilizando instrumentos que ían desde koras, djembes e balafones ata saxofones e sintetizadores. Posteriormente converteuse nunha das estrelas pioneiras da música africana que contribuíu a popularizar as músicas do mundo en toda Europa e América, a pesar de sufrir as críticas dalgúns sectores polos seus lustrosas producións. Tras regresar a Mali para vivir e traballar, Keita gravou o seu aclamado álbum Mouffou (2002) e construíu o seu propio estudo, onde gravou o seu álbum M’Bemba en 2005. En 2009 publicou un dos seus álbums máis ambiciosos, A Difference, inspirado na loita pola comprensión e a aceptación da comunidade albina.
Estas fotografías foron tomadas no concerto pertencente ao 37 Festival do Noroeste no parque de Santa Margarita, A Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies