Vivir na Coruña, 3.

Nenos a pintar o Futuro.

Nenos que eran o futuro que é hoxe.

Maiores a ollar o tempo que vai, lembrando con saudade (?) o tempo que foi.

Parque de Santa Margarida, A Coruña, anos 1982 – 83. Festa do Día das Letras da A.C. Alexandre Bóveda.

Parque de Santa Margarida, A Coruña.

No bico dun outeiro arroupado de verdor, que sobranceia a cidade da Coruña, o parque de Santa Margarida acolle as horas de lecer dos xubilados, o paseo dos namorados, o encontro discreto, a brincadeira dos cativos, as reviravoltas das mascotas e seus devotos, e mais a visita do curioso á Casa das Ciencias e do paseante ocasional que precura vagar, a carantoña das árbores a medio do asfalto e un lugar de acougo, a medio do doente trafego urbanita.

 

 

Santa Margarida, illa de natureza na cidade

Achégase o outono, as follas caen, os camiños vístense de amarelo, laranxa… natureza morta, e fuximos da realidade cotiá entre os muros do verdadeiro remanso de paz da cidade. Son camiños de pedra, vellos edificios, mais sobre todo, nestas datas, silenzo e baleiro. Perdémonos por eses camiños e temos a certeza de que, aínda que na cidade, estamos a facer unha viaxe, e percibimos o cambio de estación con toda a súa forza.

[FGAL id=3800]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies