A XANELA DA ALMA


Asi chámanlles. Non sei, si da alma, pero si son unha xanela, unha xanela pola cal contamos historias, expresamos sentimentos. Para min non hai nada máis fácil para transmitir que un retrato, a través del, podo ver forza, tristeza, alegría…como  se ama, ,como se chora, como se vive… Unha mirada…. : Un retrato.

Sente

 

Isto é un pequeno fragmento dun proxecto, no que como sempre tento plasmar o que sinto, é unha expresión dos meus soños e pensamentos. Esta serie fala de amor, desexo, admiración, agarimo, rutina, rancor, desamor, etc.; ás veces as relacións tórnanse tortuosas, destrutivas, banais, baleiras, tóxicas … falamos de dependencia emocional, autoestima, obsesións, rupturas, decepcións, desexos, apatía, soños…. Un maniquí convértese en espectador, á beira un ser humano que sente. Unha foto que transmite o que sinto, o que sentín, o que me gustaría sentir. É un intento de reflexionar, acerca do que busco nesas relacións, o que anhelo ou o que xa vivín. A fotografía é unha ferramenta para indagar nese mundo interior e ás veces nas miñas fantasías ou desexos. En ningún momento tento representar unha realidade, senón todo o contrario, trátase de expresar sentimentos, emocións,, todo é un soño. Non busco que o comprendas só que o sintas.

 

[FGAL id=3001]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies