Isto é un pequeno fragmento dun proxecto, no que como sempre tento plasmar o que sinto, é unha expresión dos meus soños e pensamentos. Esta serie fala de amor, desexo, admiración, agarimo, rutina, rancor, desamor, etc.; ás veces as relacións tórnanse tortuosas, destrutivas, banais, baleiras, tóxicas … falamos de dependencia emocional, autoestima, obsesións, rupturas, decepcións, desexos, apatía, soños…. Un maniquí convértese en espectador, á beira un ser humano que sente. Unha foto que transmite o que sinto, o que sentín, o que me gustaría sentir. É un intento de reflexionar, acerca do que busco nesas relacións, o que anhelo ou o que xa vivín. A fotografía é unha ferramenta para indagar nese mundo interior e ás veces nas miñas fantasías ou desexos. En ningún momento tento representar unha realidade, senón todo o contrario, trátase de expresar sentimentos, emocións,, todo é un soño. Non busco que o comprendas só que o sintas.