Gústame soñar en branco. Gústame imaxinar con luz, porque canto máis claro é o soño, mais achégase á esperanza
[FGAL id=4746]
Fabricando soños
Sesión realizada en aberto en Atelier de fotografía con motivo da exposición Soños lúcidos. Realizouse unha sesión conxunta con varias persoas, e aqui tedes o resultado
COR E SOÑOS
As cores non abundan nas miñas fotos, pero ás veces vólvense protagonistas, e logo nas miñas fotos só hai cor e soños
[FGAL id=3200]
Isto é un pequeno fragmento dun proxecto, no que como sempre tento plasmar o que sinto, é unha expresión dos meus soños e pensamentos. Esta serie fala de amor, desexo, admiración, agarimo, rutina, rancor, desamor, etc.; ás veces as relacións tórnanse tortuosas, destrutivas, banais, baleiras, tóxicas … falamos de dependencia emocional, autoestima, obsesións, rupturas, decepcións, desexos, apatía, soños…. Un maniquí convértese en espectador, á beira un ser humano que sente. Unha foto que transmite o que sinto, o que sentín, o que me gustaría sentir. É un intento de reflexionar, acerca do que busco nesas relacións, o que anhelo ou o que xa vivín. A fotografía é unha ferramenta para indagar nese mundo interior e ás veces nas miñas fantasías ou desexos. En ningún momento tento representar unha realidade, senón todo o contrario, trátase de expresar sentimentos, emocións,, todo é un soño. Non busco que o comprendas só que o sintas.
[FGAL id=3001]