As Cañadas do Teide é o parque nacional máis grande e antigo das illas Canarias e o terceiro máis antigo de España. As Cañadas forman unha caldeira de 17 quilómetros de diámetro na que asenta o pico do Teide.En 2007 foi declarado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade na categoría de Ben Natural. A actividade volcánica segue funcionando actualmente tanto ao redor do parque como no seu interior. As últimas erupcións foron as dos Narices do Teide, ao SO do Pico Vello, en 1798, e Volcán de Fasnia, en 1705, ambos dentro do Parque Nacional, e máis ao noroeste, a do Chinyero, en 1909.
Os Roques de García: Uns dos sitios máis populares e visitados do Parque Nacional son os Roques de García. Trátase dunha aliñación de grandes formacións rochosas, restos do antigo cume da illa, antes de que se formase a caldeira das Cañadas, e que a auga e o vento encargáronse co paso dos séculos de ir dando caprichosas formas.
