Noutro post faleivos do metro, pero na miña cidade non hai, e non por iso gústanme menos os medios de transporte. Aquí vemos unha serie de fotos realizadas no bus. Quizais menos rechamantes por estar máis afeitos, pero en realidade, seguen sendo un mostrario de persoas, de xentes ensimesmados nos seus pensamentos, alleos ao que lles rodea. Pasen e vexan.