Este túmulo megalítico de orixe Neolítica sitúase no centro dunha mámoa duns 15 metros de diámetro.
Presenta planta poligonal e corredor curto, as partes diferéncianse en planta. Atópase desprazado da súa situación orixinal. Do corredor só se conservan tres lousas. Sitúase a 304 m. de altitude.
Situación: 15126 Vimianzo, A Coruña. Coordenadas: 43°04’53.4″N 8°58’40.3″W, 43.081499, -8.977870