Leiro é un municipio da provincia de Ourense, a beiras do Avia. Pertence á Comarca do Ribeiro.
A Festa da Vendimia é unha das máis populares que se fan neste municipio.
A celebración da festa , alcanzou este ano a súa trixésima edición, e o seu obxectivo principal céntrase en homenaxear aos veciños que dedican o seu “traballo e esforzo a alimentar a profunda tradición” vitivinícola deste pobo do Ribeiro sen vendima non hai festa nin hai viño, motivo polo cal esta celebración serve de preparación psicolóxica, para todos os vendimiadores que está previsto que comecen coas súas tarefas na D.O do Ribeiro na segunda quincena de setembro. Esta conmemoración ten lugar, por tradición, o último domingo de agosto, e nela os veciños participan activamente.
Entre as actividades destacan o concurso de acios brancos e tintos.
Tamén hai comida popular, concurso de carrozas e de acios e, por suposto,este ano foi dezaseis edición do Mercado Artesanal e a segunda mostra dos viños de Leiro.
Como é habitual, realizarase un desfile de carrozas pola mañá e haberá tabernas para que os asistentes poidan comer nunha contorna natural única.
As carrozas participantes no desfile recrean os distintos momentos no proceso de coidado da uva e a elaboración do viño. Os participantes, maioritariamente habitantes do concello de Leiro, dan un ambiente festivo xunto á participación das charangas.
[FGAL id=3119]