O combate final
Ando a pedirlle á vida; luz, beleza,
delicadeza xentil, unha canción,
a virxinal tempestade da paixón,
o dereito á dignidade e á enteireza.
Pídolle, amiga, que a flor do corazón
se peche sempre ao odio e á vileza
e que se abra ao amor, á sinxeleza,
ao latexar sinceiro da emoción.
(Fragmento)
Manuel María. (As lúcidas lúas de Outono (1988)