Maus Ventos

A chamada “transición verde” está a provocar impactos ambientais e conflitos sociais que a desvirtúan como tal.

Non se trata dun proceso que promova o autoconsumo, aínda menos a reducción do mesmo, ou que respeite os valores ambientais do territorio (Xeolóxico e Biota), ou que salvagarde os intereses da povoación e facilite a vida no rural. Porém acrecéntase a invasión de terras con aceptable grao de conservación, mesmo de espaços “protexidos” na Rede Natura, nas Zonas LIC ou nas ZEPAs e, por vez de avanzar na independencia enerxética, deprédase nos recurso do país favorecendo o negocio do oligopolio eléctrico: sacrifícase territorio para engordar os dividendos de empresas privadas e ameázase o futuro das explotación agrícolas e gandeiras, afondando na problemática do abandono do rural e destruindo o patrimonio histórico e cultural. Abandono que xá mesmo consideramos inducido e provocado a mantenta, para facilitar mesmo a ocupación indiscriminada e irrespetuosa co medio nunha sorte de neocolonialismo.

E isto da man dun partido “socialista” (coa connivencia dos conservadores no governo autonómico)!!… que ha ser en canto os “conservadores” (dos seus privilexios) tomen o governo central como, tristemente, agoiram os recentes resultados eleitorais??

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies