Visitar Sobrado dos Monxes é unha volta ao pasado, unha visita obrigada no Camiño de Santiago e a visión de como a natureza se vai abrindo paso no abandono e recupera o que un día xa fora o seu espazo. Aínda no seu deterioro, o mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado dos Monxes, é un dos principais elementos de orixe medieval da provincia da Coruña e un dos máis importantes exemplos do barroco galego. A súa fundación remóntase ao ano 962 e no interior, ademais da coidada decoración pódense ver uns frescos únicos. Na parte exterior do mosteiro, a apenas un quilómetro, está a lagoa artificial do mesmo nome e dependente do propio mosteiro que, sendo conciente da súa importancia medioambiental, cedeu o usufructo á Sociedade Galega de Historia Natural. Lontras, tritóns, ras, e magníficos nenúfares son só unha parte pequena da flora e fauna que a ocupan.
Sobrado dos Monxes