Viaxe a Catalunya

O lazo foi un signo de reivindicación en varios periodos da Historia, tanto para temas relacionados con enfermidades como en guerras, castástrofes, desaparicións de persoas ou inxustizas por motivos políticos.

En occidente a  cor amarela ten un valor negativo: febre amarela, prensa, sindicatos,.. os actores e actrices soen evitar esta cor nas súas representacións. Sen embargo, en oriente considérase a cor da sabiduría e da cultura.

Durante a Guerra de Sucesión Española (1700-1714) os defensores dos Habsburgo (fundamentalmente a Coroa de Aragón) luciron lazos de cor amarela nos seus chapeus, mentres que os seguidores dos Borbóns (a Coroa de Castela) levábanos de cor azul.

En Cataluña a partir da declaración da República (2017) e o encarceramento de líderes políticos tomouse este símbolo como reivindicación para a súa posta en liberdade. O lazo loce en innumerables edificios, prazas, rúas e nas solapas de moitos cataláns e catalanas.

Próximamente iníciase (12-2-2019) o xuízo dos políticos encarcelados

One Response

  1. Xosé García Alfonso 20 Febreiro, 2019 Responder

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies