Fragas que agochan segredos

Os camiños das Fragas do Eume conducen á historia agochada do noso pasado máis recente. Seguindo o curso do río, e dos pequenos regatos que acaban nel, pódense atopar lugares nos que se as árbores falasen, darían fe do acontecido e teriamos algo máis que vagas ideas que se confunden e mesturan. Foi nesta zona …

Santa Margarida, illa de natureza na cidade

Achégase o outono, as follas caen, os camiños vístense de amarelo, laranxa… natureza morta, e fuximos da realidade cotiá entre os muros do verdadeiro remanso de paz da cidade. Son camiños de pedra, vellos edificios, mais sobre todo, nestas datas, silenzo e baleiro. Perdémonos por eses camiños e temos a certeza de que, aínda que …

Xentes en pedra, xentes en metal

Temos certa tendencia a querer replicar a imaxe humana, a imaxe animal, calquera imaxe… e tiramos do material do momento, sexa pedra, metal… ou mesmo barro. Esas imaxes xa se converteron en compañeiras na cidade, aquelas coas que sentamos a “conversar” nun banco, aquelas que son referentes do punto de encontro. Desde o seu lugar, …

E nisto que a vida seguía….

E un día… un día pisamos a rúa novamente, e ao camiñar por aqueles sendeiros, longamente esquecidos, puidemos comprobar que a vida seguira sen nós. As árbores enchéranse de follas, os ríos fluían, medrara a maleza… mais tamén a natureza máis fermosa. A vida seguía. A vida seguira e seguira sen nós. Recuperamos a liberdade, …

Estado de alarma

  Estado de alarma, días estraños, unha paréntese nas nosas vidas. Son unha privilexiada, coa miña familia, na miña casa e con todo algo non me deixa sentirme así: angustia, tensión, medo tal vez? Insomnio, ansiedade…todo en negro. Veremos pronto a luz?      

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies