Fragas que agochan segredos

Os camiños das Fragas do Eume conducen á historia agochada do noso pasado máis recente. Seguindo o curso do río, e dos pequenos regatos que acaban nel, pódense atopar lugares nos que se as árbores falasen, darían fe do acontecido e teriamos algo máis que vagas ideas que se confunden e mesturan. Foi nesta zona onde agardaron a Constantino e Pedro que viñan da festa, foi nesta zona onde finalmente apresaron a dous enlaces da Guerrilla e onde finalizaron os seus días. Mais será aquí onde sempre serán tamén lembrados, nunha fraga que este outono recibiu á súa familia co mesmo misterio de entón. Crúzanse as historias e non ten ninguén claro se viñan da Santa Mariña ou de onde. Se estaban sós, se alguén os denunciou… o único evidente é que foi aí, aí mesmo. Testemuña directa a dun home, José, que daquela puido ver un feito que o deixou marcado. Grazas a todos os homes e mulleres que fan historia viva. Constantino e Pedro, sempre na memoria.

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies