CRUCE DE MIRADAS

 Como xa sabedes, son afeccionada a foto de rúa, onde a xente vai e vén, pois sen eles a fotografía carece de sentido para min. É unha fotografía cándida, espontánea, captando a vida nas rúas. Pero ás veces ocorre que aqueles a os que estou a fotografar, venme e decátanse do que vou facer. Lonxe de perturbarme, encántame que iso suceda, porque non deixa de ser un consentimento tácito á miña acción, aínda que algunhas veces parece todo o contrario. E ademais créase un vínculo estreito entre o suxeito e eu, que fai que esa foto teña máis valor para min. E co paso dos anos pódovos dicir, que salvo algún contratempo, sen importancia, o sangue nunca chega ao río. jajja

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies