É un gran dolmen de corredor, situado no límite dos municipios de Vimianzo e Dumbría. Alcanza unha lonxitude total de 7,50 m, dos cales 3,80 m pertencen á cámara e o resto ao corredor. Da súa cámara poligonal conserva seis ortóstatos, faltando unicamente o da cabeceira, polo que a primeira vista parece que por este …
Localízase en Vimianzo (A Coruña). Coñecese polo nome de Pedra da Lebre. É un dolmen de planta poligonal formada por cinco esteos, a tampa apóiase nun deles. Ten un pequeno corredor. O máis salientable deste megálito son as grandes dimensións das pedras que o forman, e o seu grosor, que nalgúns casos acada os 70 …
Este túmulo megalítico de orixe Neolítica sitúase no centro dunha mámoa duns 15 metros de diámetro. Presenta planta poligonal e corredor curto, as partes diferéncianse en planta. Atópase desprazado da súa situación orixinal. Do corredor só se conservan tres lousas. Sitúase a 304 m. de altitude. Situación: 15126 Vimianzo, A Coruña. Coordenadas: 43°04’53.4″N 8°58’40.3″W, 43.081499, -8.977870
O dolmen de Axeitos, anta de Axeitos ou pedra do mouro é unha construción megalítica prehistórica situada na parroquia de Oleiros, municipio de Riveira, parte da península de Barbanza na ría de Arousa. O dolmen é o resto dunha tumba de corredor con cámara, co devandito corredor orientado o leste, data de época neolítica, entre …
Monumento megalítico funerario de gran riqueza arqueolóxica, con máis de 5.000 anos de antigüidade, construído polos antigos poboadores de Galiza. A mámoa está semienterrada, o que nos permite ver a entrada e o seu interior. Consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais