Froito da colaboración entre Luz Casal e o Concello de Boimorto , naceu en 2012, o festival da luz. Na súa terra natal e con fins benéficos celébrase cada ano, este festival no que non só hai música, senón gastronomía, teatro, actividades para nenos e arte en xeral. Entón, ano tras ano veñen persoas de todas as idades, familias, mozos, persoas maiores, todas teñen un lugar alí. Eu vou todos os anos e, ademais da música, fotografei a atmosfera e a parte máis humana do festival. Déixovos unha pequena selección.
17 Xuño, 2019