Un clic, e a imaxe é xá historia. A foto dunha viaxe, realizada hai tempo, é un arquivo da memoria, un retrotraérmonos a épocas pretéritas e espazos que xá non son coma foron. Torna nunha viaxe no tempo.
Desta volta damos un pinchacarneiro á Grecia do 1992… cáseque trinta anos ha. Moito chovéu (ben, polo país heleno, non tanto), moitas cousas aconteceron. Só permanecen, termando do tempo, as obras inmortais dos pais da democracia e da cultura europea.