VIRGINIA DEL CURA MIRANDA -Violoncello

VIRGINIA DEL CURA MIRANDA -Violoncello

Natural da Coruña. Comezou os seus estudos musicais no conservatorio profesional desta cidade, onde rematou con honores en música de cámara. Máis tarde, trasladouse a Salamanca para estudar con Marius Díaz no Conservatorio Superior de Castela e León, onde acadou a Mención de Honra ao rematar a carreira. Ten máster de interpretación en Codarts, Rotterdam con Jeroen den Herder.

O violoncello ou violonchelo é un instrumento musical de corda fretada pertencente á familia do violín e de tamaño e rexistro entre a viola e o contrabaixo. É un dos instrumentos básicos e fundamentais da orquestra dentro do grupo das cordas, realizando normalmente as partes graves, aínda que a súa versatilidade tamén permite aos intrumentistas que o tocan interpretar partes melódicas. Tócase, xeralmente, refregando un arco coas cordas, e co instrumento suxeito entre as pernas do violoncellista.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies