Xacobe Martínez, ORQUESTRA GALEGA DE Liberación,

A Orquestra Galega de Liberación, dirixida por Xacobe Martínez, está conformada por unha vintena de músicos vinculados directamente ou residentes en Galicia reunidos en torno á música de vangarda, á procura de novas formas de creación espontánea, e á improvisación como fonte de investigación.

Un elenco que non precisa presentación ó estar constituído por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos eidos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. Músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos agromando un proxecto tan contemporáneo e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda.

Cun ano e medio de vida, a Orquestra Galega de Liberación ten xa 3 discos editados: Orquestra Galega de Liberación (2021), Na Loita (2021) e Meets Portugal (2022).

FICHA ARTÍSTICA

  • Xacobe Martínez Antelo (dirección)
  • Miguel Cabana (batería)
  • LAR Legido (batería)
  • Naima Acuña (batería)
  • Javier Pereiro (trompeta)
  • Pablo Añón (saxo alto)
  • Xosé Miguélez (saxo tenor)
  • Diego Alonso (saxo tenor)
  • Lolo Martínez (tuba)
  • Mariana Dionisio (voz)
  • Rubén Fernández (voz)
  • Mané Fernandes (guitarra)
  • Manuel Cebrián (guitarra)
  • Elena Vázquez (violín)
  • María José Pámpano (viola)
  • Macarena Montesinos (violoncello)
  • Saúl Puga (contrabaixo)

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies