ALFOZ
ALFOZ, marco incomparable de historia e beleza natural no interior da Mariña Lucense.
O Concello de Alfoz pertence á Provincia de Lugo, estando situado na Comarca de A Mariña Central. Limita ao norte cos concellos de Foz e O Valadouro; ao sur co concello de Abadín; ao leste co concello de Mondoñedo; e ao oeste Abadín e O Valadouro.
O emblema do Concello é o Castelo Castrodouro, declarado Ben de Interese Cultural .
Alfoz é un dos 26 concellos que forman parte da Reserva da Biosfera Terras de Miño. Parte do seu territorio está dentro desta área de especial protección.