PUNTA HERMINIA
Punta Herminia, antiga zona militar, é un espazo situado preto da antiga Cárcere da Coruña e cerca, tamén, do coñecido Campo da Rata, todos eles a carón da Torre de Hércules.
Punta Herminia forma parte dese tráxico triangulo, xunto coa Cárcere da Coruña e o Campo da Rata, no que a partir de xullo de 1.936 tivo lugar un terror inmenso.
Neste espazo inauguráronse os macabros fusilamentos e paseos, polos militares sublevados e falanxistas, das autoridades lexítimas gobernativas da Segunda República na Coruña. Isto é, fusilando o 24 de xullo a moitas persoas, entre outras ao novo gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, ao comandante e ao capitán das forzas de Asalto, Manuel Quesada del Pino e a Gonzalo Tejero Langarita.
Tamén foron fusilados varios sindicalistas e persoas destacadas da vida política como o entón alcalde da cidade, A. Suárez Ferrín.
Enderezo: 15002 A Coruña
https://goo.gl/maps/hgMrtV7t1Kq
Coordenadas: 43.426439, -8.400897
RECUPERAR AS MEMORIAS
Recuperar as memorias
alonga a luz dos días,
prolonga os tempos vividos,
convócanos á existencia presente,
axuda a poñer soños contra o terror,
a morte vil,
a vida gris-escuro.
Manolo Graña