De novo paraugas

Xa en maio despedindo o inverno, teño que despedirme de novo dos paraugas, que son pra min, fonte de inspiración. Xa noutras ocasións faleivos das posibilidades que teñen na fotografía. Pois iso,  aquí unha nova mostra..        

Olería de Gundivós

Olería  ancestral de Gundivós Os romanos levaban o tinto de Amandi en ánforas de Gundivós. Ao chegar ao porto de Roma, o viño vendíase e as vasillas, de catro en catro, transportábanse en burro ata un lugar da urbe, dentro da muralla Aureliana, porque por entón non se inventaron os envases con retorno. O Monte …

Xente miúda 1

Rebule a primavera no xardín, na horta, na camposa, no arboredo. Van uns retratos dalgúns dos nosos montaraces viciños, son a xente miúda, esa que vive ao seu, no seu diminuto mundo paralelo. Un microcosmo que só percebemos cando paramos a contemplalo e, daquela, abráianos coa súa variedade e beleza.

Batuko Tabanka, música Caboverdiana

O Grupo de música Batuko Tabanka está integrado por mulleres de Cavo Verde, asentadas en Burela, Lugo. O ritmo das “batukadeiras”, ten un pasado ligado á música tradicional que facían os escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de …

Primavera en Bergantiños

Xa é primavera e saen flores sen máscara; xa se que é moderadamente charramangueiro, pero quen se resiste a sacar a cámara? Estas fotos están tomadas en Corcoesto, Cabana de Bergantiños.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies