O chocolate, un dos mellores estimulantes e excitantes
O chocolate produce pracer, é un dos alimentos que máis gusta, un pequeno bocado pode provocarnos felicidade e moito gusto. Consómese desde a antigüidade e en moitísimas culturas.
A cuestión é pescudar porque este alimento, en xeral o chocolate e en particular, o cacao, prodúcenos pracer. O saber por que gusta a tantas persoas e que é o que o fai tan irresistible.
Cando sentimos baixos de ánimo comer un pouco de chocolate axúdanos a acougarnos, aumentar o noso humor e ver as cousas desde outra perspectiva máis positiva. O cacao nese caso, mellora a actividade cerebral que desemboca nunha sensación de benestar e euforia. Ademais de comelo para aumentar o noso humor, tamén, é moi beneficioso consumilo antes de realizar unha actividade moi «sisuda», por esta razón, porque se pon en alerta o cerebro.
Damas e cabaleiros, o consumo do chocolate, dá igual que sexa negro, branco ou con leite, axuda a producir substancias no cerebro, entre elas a dopamina que nos fai sentir un máximo pracer similar ao dun orgasmo (non o vaias a comer aínda, espera ao final do artigo, por favor!), e a serotonina, coñecida como a hormona da felicidade.
Está comprobado! a competencia máis grande que ten o sexo é o chocolate. E todo é grazas á súa función antidepresiva. (Agora entendemos que recorramos a el sempre que padecemos algún problema ou preocupación e engulámolo coma se non houbese un mañá… Por ser politicamente correctos e non dicir que nos zampamos unha onza cando o sexo non foi bo).
Numerosos estudos aseguran que o chocolate é un excitante que estimula o cerebro, polo que a motivación sexual pode ir en aumento se se degusta antes este delicioso e exquisito manxar. Imos, que sexo e chocolate van da man.
[FGAL id=3696]