COMBARRO
Combarro é unha parroquia do municipio de Poio, na provincia galega de Pontevedra.
Ata principios do século xx constituía un municipio independente. O censo de 1999 rexistrou 1567 habitantes e o de 2004, 1668.
É un pobo mariñeiro, próximo tanto á capital de provincia, Pontevedra (7 km), como a outros pobos recoñecidos como Sanxenxo.
O máis destacable é a súa zona vella, onde se atopan unha gran cantidade de hórreos e cruceiros, ademais da igrexa parroquial.
Está declarado ben de interese cultural como Conxunto Histórico e como Sitio Histórico.