Instrumentos de percusión galegos

Os instrumentos de percusión son un tipo de instrumento musical nos que o son se orixina ao ser golpeados ou axitados. É a forma máis antiga de instrumento musical. A percusión distínguese pola variedade de timbres que é capaz de producir e pola súa facilidade de adaptación a outros instrumentos musicais ou á voz .

Os máis coñecidos son:

Bombo, tamén coñecido como Milagriño nalgunhas zonas, é un instrumento relativamente moderno na música galega (mediados do século XIX-principios do XX).

Na década de 1920 o grupo Os gaiteiros de Soutelo popularizou o cuarteto de dúas gaitas, (tamén requintas), bombo e tambor. Xunto coa pandeireta, é o instrumento de percusión encargado de poñer o ritmo no tempo, facer matices, diferenciar as partes, etc. Utilízase un mazo para golpear o parche de coiro.

Tamboril, é un tambor de madeira con cabeza de coiro, ten cordas para a súa tensión (esta tensión debe estar acorde coa rouquera da gaita para tocar con ela). Para golpear a cabeza utilízanse dous paus ou baquetas de madeira.

Pandeireta, consta dunha armazón circular de madeira cuberta por un lado con pel de carneiro. Despois, arredor do marco fanse unhas rañuras onde se fixan as ferreñas (especie de chapas metálicas circulares agrupadas por parellas). A pandeireta foi sempre un instrumento que tocaban as mulleres, que animaban as festas populares.

Pandeira, ten a súa orixe na peneira, instrumento que se utilizaba para peneirar a fariña que saía do muíño, lugar de moitas manifestacións ludico-festivas, como as “muiñeiras”. Semellante á pandeireta, de maior tamaño, está formada por un anel de madeira, ao que se engaden férreas, e cuberto, nun extremo por unha pel de carneiro. Tamén se lle chama Pandeiro redondo.

Pandeiro, Está formado por unha caixa cadrada de madeira, de dimensións variables, e cuberta por unha pel de cabra a ambos os dous lados. No seu interior levan unhas “axouxeres” (campás). É executado co puño pechado ou cos dedos, está situado no peito.

Existen outros instrumentos de percusión menos utilizados como son: CHORQUEIRA,

CUNCHA OU VIEIRA, CULLERES, BOTELLA, CHARRASCO, OS FERRIÑOS, TARRAÑOLAS

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies