O Parque de Santa Margarita é un parque situado no centro xeográfico da cidade da Coruña, no barrio homónimo.
Foi ata hai poucos anos o maior en superficie da Coruña, con 51.723 m². Rodeado de cidade por todas partes garda aínda os aromas do monte antigo: piñeiros e eucaliptos, e outras tradicións populares como a romaría de Santa Margarita (celebrada a última fin de semana de agosto).
A lomba elévase ata uns 60 metros sobre o nivel do mar onde outrora existían muíños de vento, dos cales aínda quedan restos, sendo un deles rodeado dun estanque para aves acuáticas. Rehabilitouse un antigo palacete construído nos anos 40 que acolle desde 1985 o elemento máis significativo do parque e pioneiro na historia dos museos interactivos: a Casa das Ciencias.Merece unha mención a representación escultórica dos anciáns, fundida por X. Piñeiro.