PRAIA DÁ LANGOSTEIRA. FISTERRA.
A praia de Langosteira ocupa case dous quilómetros de lonxitude e atópase situada á entrada da Vila de Fisterra, na provincia da Coruña, pola súa configuración e xeografía a praia está resgardada da ondada e o vento e as súas augas adoitan estar tranquilas e cristalinas.
É unha praia espectacular á baixada do Cabo de Fisterra. Ten aparcamento fácil a pé de praia e atópase separada do paseo por unhas dunas.
A praia en si é moi longa, ampla, tranquila, de area fina e está moi limpa . Non hai moita xente, co que podes pasar un bo intre de tranquilidade.
A súa area é fina e a auga está moi limpa aínda que algo fría.